Encontro con Eva Mejuto
Alumnado de 4.º ESO participou, o día 4 de xuño, nun encontro coa escritora, xornalista e xestora cultural Eva Mejuto.
A charla xirou ao redor da novela xuvenil Memoria do silencio, que o estudantado asistente leu no presente curso. A autora reflexionou sobre o contexto espazo-temporal en que se desenvolve a acción (Galicia durante a II Guerra Mundial), o proceso de investigación previo á escrita (centrado na figura das ribadavienses irmás Touza, integrantes dunha rede de apoio a persoas fuxidas do nazismo), a creación e caracterización dos personaxes, a mestura de realidade e ficción etc.
Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias
_mod.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario