Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Inmersión lingüística

EnRedando co Galego 2025: gala final

Imaxe
Varios grupos de 3.º ESO  asistiron o día 10 de decembro á gala final do proxecto   EnRedando co Galego , celebrada no  auditorio Fuxan os Ventos. Alí, o alumnado do Ánxel Fole uniuse ao doutros institutos da cidade e xuntos gozaron dun concerto de Mondra, un dos artistas máis sobranceiros da escena musical do país. No acto tamén tivo lugar a entrega de premios aos mellores traballos presentados, así como a repartición de agasallos entre todas as persoas participantes. Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias

EnRedando co Galego 2025: presentación

Imaxe
O 12 de novembro tivo lugar, no salón de actos do Ánxel Fole, a presentación da edición anual de  EnRedando co Galego, unha iniciativa da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e mais da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O escritor Lois Pérez, como representante da organización, explicou as bases do proxecto, facendo fincapé nas dúas modalidades de participación existentes: A través das redes sociais: como mínimo unha vez á semana, ao longo de tres semanas, o alumnado compartirá nas redes vídeos ou textos escritos onde reflexione sobre o uso da lingua galega no seu día a día; as publicacións tamén poderán ser vídeos de corte artístico (literarios, musicais etc.). A través da Escola de Escritoras e Escritores da AELG: os/as estudantes que prefiran prescindir das redes sociais adentraranse na creación literaria e elaborarán poemas, contos, ensaios, monólogos, producións audiovisuais etc. que remitirán á AELG. Coñecido o tr...

III EnRedando co Galego

Imaxe
Un ano máis, o IES Ánxel Fole participa, xunto con outros centros de ensino da cidade  (IES Leiras Pulpeiro, IES Lucus Augusti, IES Muralla Romana, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Sanxillao e IES Xoán Montes), na  iniciativa EnRedando co Galego, organizada pola  Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e mais pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O 25 de abril tivo lugar na biblioteca do instituto a presentación da actividade, que  busca fomentar entre a poboación escolar tanto o uso do galego como  a creación literaria e artística a través da lingua. No acto  interviñeron o escritor Lois Pérez, o representante do Concello Anxo Lamelo e o Dúo Vaguedades, quen fixo as delicias do público cunha dramatización na que deu vida a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, mesturando  reflexión sociolingüística e humor a partes iguais. Durante as próximas semanas, o alumnado participante no programa comp...

II EnRedando co Galego

Imaxe
Remata a segunda edición do ciclo EnRedando co Galego, iniciativa levada a cabo durante os meses de abril e maio e coa que a área de Cultura do Concello de Lugo e mais a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) queren promover o uso do galego entre a mocidade, así como a creación literaria e artística a través da lingua. Alumnado de catro centros de ensino de Lugo ( IES Ánxel Fole, Leiras Pulpeiro, Muralla Romana e Ollos Grandes) asistiu o 17 de xuño á gala final, que, celebrada no auditorio Gustavo Freire, foi presentada por Lois Pérez e contou coa actuación musical de Sés, unha das artistas de maior éxito en Galicia na actualidade. Na gala, os/as estudantes realizaron un intercambio de experiencias, recibiron agasallos pola súa participación e tomaron parte no sorteo de material electrónico e lotes de libros. O proxecto EnRedando co Galego desenvolveuse durante vinte e un días e os/as alumnos/as puideron elixir entre dúas modalidades distintas: unha inmersión lingüísti...