Obradoiros de educación afectivo-sexual
Ao longo da semana do 28 de marzo ao 1 de abril tiveron lugar no Ánxel Fole varios obradoiros de educación afectivo-sexual, impartidos por un traballador social do centro de asesoramento Quérote + de Lugo, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O s seminarios ofrecéronse aos distintos grupos de 3.º ESO e contaron cunha duración de cen minutos (dúas sesións lectivas). Tras unha pequena presentación, na cal se informou do enderezo das oficinas de Quérote + en Lugo e dos servizos que prestan á adolescencia (atención profesional de consultas, realización de tests de embarazo e de probas rápidas do VIH, distribución gratuíta de preservativos, etc.), desenvolveuse un coloquio que puxo de manifesto ― e, nalgúns casos, axudou a combater ― algunhas das ideas preestablecidas do alumnado sobre a sexualidade e o sexo. Así, abordáronse cuestións como os obxectivos das relacións eróticas; a importancia nelas do desexo, o gozo e a satisfacción; a diversidade de ...