Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Arte urbana

En Mondoñedo con Cunqueiro

Imaxe
O alumnado dos clubs de lectura do Fole participou, o día 17 de xuño, nunha ruta literaria por Mondoñedo, seguindo as pegadas que deixou na localidade o escritor Álvaro Cunqueiro ( 1911-1981 ). Coa axuda dunha audioguía ficcionada da compañía teatral Chévere, o grupo fixo un percorrido, duns cincuenta minutos de duración, que o levou dende o antigo consistorio (actual Oficina Municipal de Turismo) ata o cemiterio vello, pasando por diversos puntos vencellados á figura de Cunqueiro: a estatua do escritor realizada por Juan Puchades, o seminario, as dúas casas (natal e vital) de Cunqueiro na vila, a fonte Vella, a Sociedade de Obreiros Católicos, a igrexa parroquial de Santiago etc. Ademais, o alumnado visitou a catedral románica da Asunción (as naves, a terraza, os denominados "salóns góticos", o rosetón, o claustro etc.)  e o Centro de Interpretación da Imprenta. A xornada completouse coa procura, xa fóra da ruta, do graffiti Leva un traxe de chuvia , tributo do artista urba...

Rosalía lucense

Imaxe
D entro das actividades desenvolvidas no Ánxel Fole para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, celebrado neste 2025 baixo o lema "Saúde e Terra!", o alumnado de 4.º PDC participou o 20 de febreiro nunha ruta literaria por Lugo, tratando de seguir as pegadas da autora compostelá na cidade das murallas. O itinerario, trazado polas profesoras Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias, incluíu a visita aos seguintes lugares e recursos patrimoniais, relacionados en maior ou menor grao coa figura de Rosalía: 1. Mural de Concepto Circo na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (rúa Benigno Ledo). 2. Mural de Trece Trazos no IES Sanxillao (rolda das Fontiñas). 3. Mural de Sandra Lodi no CEIP das Mercedes (rúa Montirón), con versos da "Alborada", pertencente a  Cantares gallegos : " Arriba / todas, rapaciñas do lugar!, / que o sol / i a aurora xa vos vén a dispertar". 4. CEIP Rosalía de Castro (rúa Cambria), que leva o nome da escritora e posúe un mural re...

Vizoso no Día da Ilustración

Imaxe
Cada 30 de xaneiro, coincidindo coa data do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración en Galicia. Tras dedicarse nas pasadas edicións a  Álvaro Cebreiro (2017),  Camilo Díaz Baliño (2018),  Federico Ribas (2019),  Cándido Fernández Mazas (2020),  Lolita Díaz Baliño (2021),  Reimundo Patiño (2022),  María Antonia Dans (2023) e  Chichi Campos (2024), neste 2025 o homenaxeado é por primeira vez un artista vivo ―e, ademais, especialmente vencellado ao IES Ánxel Fole―: Xosé Vizoso. Deseñador e ceramista en Sargadelos, alén de cartelista, muralista e ilustrador de libros, o  mindoniense Xosé Vizoso é autor dunha obra d e gran forza visual que bebe nas fontes da imaxinaría e a cultura tradicionais galegas. Entre as súas pezas máis senlleiras atópase o mosaico mural Lembrando a Fole , que preside o patio dianteiro do noso centro e constitúe un auténtico emblema deste. O mosaico, confeccionado con teselas cerámicas brancas e negras n un es...

Plantando árbores con pinceis

Imaxe
Alumnado de 3.º ESO participou o 24 de xaneiro na iniciativa escolar pola sostibilidade “Plantando árbores con pinceis”. O proxecto intégrase na oferta educativa da Obra Social ABANCA e desenvólvese en cooperación con Doctoy, artista visual especializado no deseño mural gráfico, e Vella Escola, entidade con acreditada experiencia na organización de eventos, talleres e espectáculos de cultura urbana. Unindo cultura e coidado do medio ambiente, a rapazada axudou a realizar, nunha das paredes do ximnasio, un  mural artístico, colaborativo e ecolóxico con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos da industria e o tráfico rodado. Tamén asistiu a un obradoiro de pintado de bolsas de tea, que decorou con motivos naturais. As actividades, en definitiva, serviron para achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre a protección da natureza, así como para visibilizar alt...

Arte urbana dende Lugo para o mundo

Imaxe
Do 12 ao 18 de xaneiro, un grupo de estudantes de Sicilia atópase de intercambio no Ánxel Fole. Posto que o curso pasado, cando alumnado do noso centro viaxou a Catania, presentamos alí a publicación dixital  Arte urbana lucense. Fichas de catalogación  e agasallamos ao instituto Mario Rapisardi con varios exemplares do catálogo en papel , este ano quixemos amosar aos compañeiros/as italianos/as a arte urbana de Lugo in situ . Mais, na bimilenaria Lucus Augusti, murais e graffiti, alén do seu inequívoco valor estético, retratan tamén a historia da cidade, as figuras emblemáticas das nosas letras, a paisaxe e a natureza galegas. A visita, conducida en galego e italiano polo guía oficial de turismo Guido Álvarez Parga, resultou, xa que logo, un xeito excelente de aproximar a rapazada siciliana á cultura e á lingua de Galicia. Nieves María Martínez Vázquez e Ana Rodríguez Barreiro

Proxecto Mural

Imaxe
Nas últimas semanas de curso, o alumnado de 3.º ESO participou nun Proxecto Mural desenvolvido na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e vencellado coa investigación sobre arte urbana levada a cabo no seo do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. O alumnado partiu do suposto de que a organización do Urban Cores, un dos festivais de arte urbana da cidade de Lugo, o convidaba a intervir na edición deste ano e lle cedía unha parede medianeira do seu barrio para a realización dun mural xeométrico. Tomando como referente a obra dalgúns destacados artistas urbanos, a rapazada creou composicións abstractas ou empregou a síntese xeométrica para representar realidades recoñecibles, coa única condición de que nos traballos aparecesen, con maior ou menor protagonismo, determinados elementos fixos: triángulos, cuadriláteros, liñas paralelas e/ou perpendiculares, rectas tanxentes a circunferencias e circunferencias tanxentes entre si. O proxecto, que combinou os exercicios individuais e...

Exposición do Culturbán 2022

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO visitou o día 7 de xuño, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), a exposición que recolle os traballos da terceira edición do festival de arte na rúa Culturbán, organizado por Espacio Lupa Arte e mais a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. A xeito de contextualización previa, a rapazada comezou vendo unha presentación sobre a historia da arte urbana dende as súas orixes ata a actualidade, así como un pequeno documental acerca dos combates de pintura mural celebrados en Lugo. A continuación, o alumnado adentrouse na mostra propiamente dita, que, comisariada por Iago Eireos, reúne, por un lado, imaxes das intervencións de gran formato que decoran algunhas das rúas da cidade e, por outro, as dez obras participantes no combate mural que tivo lugar o pasado mes de decembro na rúa Quiroga Ballesteros. Dado que estas pezas debían centrarse na temática LGTBI, o persoal do museo propuxo que os/as estudantes, por parellas ou en pequenos...

Actualización do catálogo de arte urbana lucense

Imaxe
Ao abeiro do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, e como parte da investigación que vimos desenvolvendo nos dous últimos cursos sobre a arte urbana da cidade de Lugo, ve agora a luz unha versión actualizada da publicación dixital Arte urbana lucense. Fichas de catalogación , dispoñible na plataforma Calameo. Esta nova edición, revisada e aumentada, inclúe vinte e unha obras máis, que nas vindeiras semanas serán trasladadas tamén á aplicación móbil da que xa falamos aquí . Os murais e graffiti incorporados, na súa maioría creados con posterioridade a xaneiro de 2022 (data da primeira versión do noso catálogo), son, por orde alfabética de títulos, os seguintes: Atila en Galicia , de Primo de Banksy; Burbulla con peixe , de Mosca; Busto de muller con aros , de Concepto Circo; Busto de muller con pelo azul , de Zësar Bahamonte; Cabalo alado para Fole , de alumnado do IES Ánxel Fole dirixido por Alicia Puchades Tella-Villamarín; Coco , de Trece Trazos; Darémolo comido no San Fr...

Charla de Noemí Núñez e Pía Piadosa

Imaxe
No marco do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, no cal o IES Ánxel Fole vén participando os dous últimos cursos cunha investigación sobre a arte urbana da cidade de Lugo, as artistas Noemí Núñez e Pía Piadosa (alcume de  Natalia Conde)  visitaron o noso instituto os días 17 de abril e 9 de maio para impartir dúas charlas a alumnado de 3.º ESO. As relatoras comezaron lembrando a súa formación e os seus inicios en común, e pasaron a centrarse seguidamente no proceso de creación dunha obra mural colaborativa. As explicacións, apoiadas en abundante material gráfico, permitiron ás persoas asistentes coñecer de primeira man que é o que sucede entre o intre en que as artistas reciben o encargo de levar a cabo unha intervención e o momento en que a cidadanía pode gozar dela na rúa (chuvia de ideas, deseño de bosquexos, elaboración dunha cuadrícula para trasladar o debuxo á parede, repartición do traballo, fusión dos estilos individuais, adaptación aos tempos e aos espazos, etc.)....

As mulleres conquistan os vidros

Imaxe
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, alumnado de 4.º ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e mais de 2.º BAC de Debuxo Artístico realizou diversas intervencións artísticas nos escaparates de establecementos comerciais do barrio da Piringalla, ao que pertence o IES Ánxel Fole, así como nas fiestras do propio centro educativo. As composicións inclúen imaxes de mulleres, de épocas e procedencias xeográficas variadas, que destacaron polas súas achegas a distintos ámbitos (as artes plásticas, a literatura, o cine, o deporte, a política, a ciencia, etc). Cada representación vai acompañada dalgúns datos sobre a vida e a obra das mulleres seleccionadas e, no caso dos escaparates dos negocios, tamén de elementos gráficos alusivos á actividade comercial desenvolvida en cada un deles (tendas de alimentación, cafetarías, librarías, autoescolas, salóns de peiteado, etc.). Remarcando o simbolismo da data, as únicas cores empregadas foron o branco, o negro e o viole...