Un entroido de conto e cine no Ánxel Fole

Este é o vídeo resumo do acontecido no entroido do 2014 no Ánxel Fole.

A modo de lipdub, coa música dos ourensáns O sonoro maxín, imos percorrendo parte do noso instituto. Barallamos varias músicas e decidímonos por este rumboso tema, que canto máis o escoitas máis se mete no corpo. Se fixesen así as radios, coñeceriamos máis música en galego...

Profes, directivas, alumnado, tentamos facer unha festa con este entroido, que é a celebración máis divertida do ciclo festivo galego. Ata o mesmísimo busto de Ánxel Fole estaba disfrazado...

Queda a idea xa para o ano que vén...

Hai tantos detalles que non poderás deixar de rir aínda que o vexas dez veces...


Comentarios