O vento sopra en galego

Varios grupos de alumnado de 3.º ESO visitaron, os días 7 e 8 de novembro, o Parque Eólico Experimental Sotavento, situado en Momán (Xermade).


A Fundación Sotavento Galicia, a través do seu proxecto divulgativo, persegue, entre outras, as seguintes finalidades:

  • Potenciar o coñecemento e o uso das fontes de enerxía renovables.
  • Concienciar sobre a necesidade da eficiencia e o aforro enerxéticos.
  • Posibilitar un desenvolvemento sostible e o futuro do planeta Terra.


A actividade conxugou explicacións teóricas e exemplos prácticos e desenvolveuse integramente en galego, a lingua do noso vento.


Beatriz López Dourado e Ana Rodríguez Barreiro


Comentarios