Escribindo con Ana Carreira

Alumnado de 1.º ESO do Ánxel Fole participou o 10 de novembro nun dos obradoiros "Desata a lingua", impartidos por varias escritoras galegas e destinados a que a rapazada de diferentes centros se implique na elaboración do manifesto da próxima edición do Correlingua.


Ana Carreira, narradora, contacontos, monitora de teatro e actriz, foi a encargada de conducir a actividade no Ánxel Fole. A partir dunha serie de frases e imaxes achegadas pola escritora, o alumnado, distribuído en grupos, deseñou carteis e redactou as súas propias composicións, que despois presentou ante o resto da clase.


O obradoiro resultou un excelente xeito de estimular a escrita creativa.


Beatriz López Dourado e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios