Expometeoro

Aproveitando que o 2022 foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional das Ciencias Básicas para un Desenvolvemento Sostible (oceanografía, simetría, meteoroloxía, etc.) e que novembro é o Mes da Ciencia en Galego, o Ánxel Fole súmase ás actividades formativas de Meteogalicia e acolle a exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro".


A mostra, colocada na sala da planta baixa que comunica co patio cuberto, consta de doce paneis que levan os seguintes títulos: "Clima e tempo non son o mesmo", "Onde a terra manda no aire", "Tempo e lingua", "O clima do pasado", "Magnitudes I", "Magnitudes II", "As nubes", "Mapas do tempo", "Observación do tempo", "Meteoroloxía extrema", "Predición meteorolóxica" e "O sol, motor do mundo".

Un cuestionario sobre meteoroloxía, con tres niveis distintos de dificultade, permite que o alumnado afonde nos contidos dos paneis e comprobe os seus progresos en materia de fenómenos atmosféricos.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios