Enquisa sociolingüística para o alumnado

Seguindo o camiño aberto polo profesorado, tamén o alumnado do IES Ánxel Fole foi requirido para realizar, entre outubro e novembro, a súa propia enquisa sociolingüística. Neste caso, as persoas titoras dos distintos grupos puxeron a disposición do estudantado a ligazón de acceso ao formulario colgándoa nas aulas virtuais das súas materias. O alumnado de ESO cubriu o cuestionario na súa aula de referencia, durante unha sesión de titoría e co seu ordenador persoal do programa Edixgal; o alumnado de BAC, que non posúe ordenador, tivo que acudir ás aulas de informática do centro.

Os datos obtidos, que poden consultarse premendo na imaxe inferior, revelan un importante grao de castelanización na rapazada do centro. Aínda que a participación non foi especialmente elevada, dun 64% (382 persoas, dun total de 597 alumnos/as do instituto, responderon as preguntas), os resultados semellan bastante fiables, pois seguimos a súa evolución dende que os primeiros grupos comezaron a facer a enquisa e mantivéronse moi estables durante todo o proceso.



Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios