Charla de Leandro Barea

Seguindo coas actividades vencelladas ao Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, alumnado de 3.º ESO e 1.º BAC asistiu esta mañá, no salón de actos do centro, a unha charla do deseñador gráfico e ilustrador lucense Leandro Barea.

Leandro fixo un repaso pola historia do graffiti e a arte urbana dende a Prehistoria ata a actualidade, acompañando as súas explicacións coa proxección de numerosas obras tanto europeas como americanas.

Partiu da tendencia ancestral do ser humano a deixar constancia, a través da arte, da súa presenza nos distintos lugares que ocupou ou transitou, para centrarse despois no cambio de enfoque que se foi producindo co paso do tempo: paulatinamente, os/as autores/as comezaron a amosar algo máis de compromiso nas súas intervencións, substituíndo o inicial "Eu estiven aquí" por mensaxes de contido e intencionalidade marcadamente políticos ou sociolóxicos (contra o racismo, a opresión, o capitalismo, etc.).

A charla, que se desenvolveu nun ambiente moi distendido, tamén permitiu ao alumnado achegarse á figura dalgúns dos/as grandes creadores/as de arte urbana, así como reflexionar sobre os límites da arte, a diferenza entre arte e vandalismo, etc.



Ana Rodríguez Barreiro


Comentarios