Arte urbana no norte da cidade

Un grupo numeroso de alumnado e profesorado do IES Ánxel Fole participa este curso no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, cun traballo colaborativo e interdisciplinario centrado no muralismo e a arte urbana da cidade de Lugo.

No marco deste programa, o alumnado de 4.º ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual asistiu o día 9 de novembro a unha visita guiada para coñecer algúns dos recursos máis destacados da arte urbana dos barrios próximos ao centro (A Piringalla, A Milagrosa, Paradai e Abella).

Da man de Guido Guía, a rapazada puido achegarse, dun xeito moi enriquecedor e ameno, á historia da arte urbana na cidade, descubrindo as distintas xeracións de autores/as, os festivais en que interveñen, as técnicas e estilos que practican, etc.

O sol acompañounos no percorrido e deitou luz máis luz, se cabe sobre as obras dos/as artistas.

Para ver máis fotos da actividade, pode consultarse o álbum da nosa páxina de Facebook. 


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios