Enquisa sociolingüística para o profesorado

A semana pasada, o profesorado do IES Ánxel Fole foi chamado a realizar unha pequena enquisa sociolingüística acerca do seu uso, coñecemento e valoración do galego. Partindo da proposta recollida na obra A planificación lingüística nos centros educativos, o EDLG, en colaboración co Dpto. de Tecnoloxía, elaborou un cuestionario dixital, ao que o profesorado puido acceder grazas a unha ligazón e un código QR proporcionados a través do correo electrónico e expostos na sala do profesorado.

Os datos obtidos, que poden consultarse na súa totalidade premendo na imaxe inferior, semellan relativamente favorables para o galego, mais a limitada participación, dun 54% (34 persoas, dun total de 63 membros do claustro, responderon as preguntas), restrinxe a significatividade dos resultados e non facilita a súa análise e interpretación.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios