Tintubro

O tintubro é unha proposta recollida das redes sociais. Consiste en asociar unha palabra galega con cada día do mes de outubro e, posteriormente, crear unha ilustración de técnica libre (orixinalmente, con tinta de aí o nome tintubro, pero hoxe en día cos materiais e estilos que se desexe) suxerida por cada un dos devanditos termos. Os trinta e un vocábulos seleccionados este ano foron tellado, ourizo, caldo, noite, pingando, curuxa, lume, figos, ponte, abrigo, fraga, burato, pega, fiestra, ofrenda, magosto, candil, lama, frío, misto, demo, urna, tecer, lúa, colleita, zocas, procesión, neboeiro, arrepíos, espíritos e caveira.

O alumnado de 1.º ESO realizou o seu propio tintubro. Os debuxos fotografáronse e coas imaxes montouse un vídeo, a xeito de resumo da actividade.


M.ª Teresa Rego Sanmartín e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios