Liberdade para o galego
A biblioteca escolar do IES Ánxel Fole segue a incorporar novidades ao recuncho de normalización e dinamización lingüísticas. O último libro recibido é o ensaio Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua, escrito por Marcos Maceira Eiras e Elsa Quintas Alborés e publicado por Laiovento neste ano 2024.
A obra achégase ao concepto de liberdade lingüística e aplícao ao caso concreto do galego, tentando dar resposta a distintos interrogantes, formulados así na web da editorial:
"Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposicións doutros ou fóra do dominio de alguén.
É esta a situación do galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento? Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos? Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?".
Ana Rodríguez Barreiro
Comentarios
Publicar un comentario