Charla de Alar Galicia
O alumnado de 2.º e 3.º ESO asistiu, o pasado 17 de outubro, a unha charla sobre adiccións impartida pola asociación de servizos sociais Alar Galicia. A actividade, que se desenvolve por toda a comunidade ata xullo de 2025, enmárcase no Proxecto Morpheo da citada entidade e conta co financiamento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
O relatorio cumpriu, entre outros, os seguintes obxectivos:
- Previr e concienciar acerca de diversas adiccións: con substancias, sen substancias e condutuais.
- Educar sobre os riscos asociados ao abuso de substancias e das novas tecnoloxías.
- Aprender estratexias para regular o emprego das novas tecnoloxías (Internet, móbil, videoxogos etc.) e o tempo que se lles dedica.
José Ramón Negro Varela e Ana Rodríguez Barreiro
Comentarios
Publicar un comentario