Arte urbana lucense. Carteis publicitarios

Alumnado de 1.º BAC de TIC, participante no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, deseñou carteis para promover a arte urbana da cidade de Lugo. Os traballos están baseados nas fotografías recollidas na publicación dixital Arte urbana lucense. Fichas de catalogación e realizáronse co programa informático de edición de imaxes GIMP.


GIMP proporciona ferramentas de selección, pintura, transformación, etc., que permiten, entre outras funcionalidades:
  • definir a porción de imaxe á que se aplicarán os cambios posteriores;
  • modificar as cores nalgunha parte da fotografía;
  • alterar a xeometría da imaxe (recortar, rotar, inclinar, etc.).


Nos vindeiros días, o alumnado tomará parte nunha votación para elixir, entre a vintena de creacións presentadas, o cartel gañador deste particular certame de arte urbana escolar.



Raquel González Suso e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios