XVI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica
Alumnado de 4.º ESO participou o día 14 de novembro no XVI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica, organizado pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia), que traballa "A prol da ciencia galega e do galego na ciencia".
O encontro, celebrado na Coruña, desenvolveuse en dúas fases. Na primeira media hora, a rapazada interveu nun taller interactivo, onde recibiu formación básica sobre a programación de robots. Durante a hora seguinte, tivo lugar un concurso por equipos, que puxo a proba a creatividade do alumnado, os seus coñecementos computacionais e a súa capacidade para resolver problemas de xeito colaborativo.
Diego Brezmes Villaraviz, Raquel González Suso e Ana Rodríguez Barreiro

.jpeg)

.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario