O que soñamos pola noite, pero non nos atrevemos a dicir durante o día

Alumnado de 4.º ESO participou, o pasado 4 de novembro, no obradoiro teatral “O que soñamos pola noite, pero non nos atrevemos a dicir durante o día”, unha iniciativa da compañía Bengala Teatro Físico.

Cunha duración de cen minutos, o taller estruturouse en dúas partes. Na primeira, centrada no traballo físico, a persoa facilitadora propuxo á rapazada unha serie de exercicios a través dos que aprender a coñecer o seu corpo en movemento e poder profundar nas súas emocións e pensamentos. Na segunda, máis vencellada á expresión artística, o alumnado creou unha peza colectiva poñendo en práctica os exercicios iniciais e cinguíndose a unha temática concreta.


Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias

Comentarios