Ecosistemas en botes

Co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Ambiente (5 de xuño), alumnado de 3.º ESO creou ecosistemas en miniatura e autosuficientes dentro de botes de vidro.

Para iso, seleccionáronse recipientes de boca ancha e, coa axuda dunha culler, introducíronse neles unha capa de grava, unha de area e outra de terra, sobre a que se colocaron plantas de pequeno tamaño, axustándoas con paus de espeto. O proceso completouse cunha rega moi controlada (mediante pipeta Pasteur), o selado do bote con filme e a situación do recipiente nun lugar ben iluminado. O ecosistema non precisará mantemento e poderá durar anos no interior do bote, grazas unicamente á luz natural, os nutrientes que acheguen os microorganismos que sobrevivan no fondo e a auga que se orixine pola condensación da humidade.

Os ecosistemas bautizáronse cos nomes galegos que decidiu o alumnado e expuxéronse no centro acompañados de breves explicacións do sistema de elaboración.




Eva Riveiro Nogareda, Ana Rodríguez Barreiro e Xabier Santiso Carral

Comentarios