Marcapáxinas de despedida

Nas últimas semanas de curso, o alumnado de 1.º ESO deseñou marcapáxinas inspirados na figura de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras Galegas 2022.

Os dous traballos seleccionados, das alumnas Natalia Río Contreras e Noelia Otero López, ás que felicitamos dende aquí, imprimíronse e repartíronse hoxe a todo o alumnado do centro, que os recibiu como agasallo xunto co boletín de cualificacións.

Despedimos así este curso pandémico no que, malia todo, puidemos recobrar certa normalidade e realizar un bo número de actividades que esperamos fosen do interese da comunidade educativa e contribuísen a espallar a lingua e a cultura galegas na contorna máis próxima.


Paula Fernández Fulgencio e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios