Entrega de premios do Certame de Carteis Publicitarios sobre Arte Urbana Lucense
Nerea Pérez Pértega, alumna de 1.º BAC do IES Ánxel Fole, recibiu esta mañá o premio como gañadora do Certame de Carteis Publicitarios sobre Arte Urbana Lucense, ao que concorreu coa obra Un Lugo cheo de maxia.
O concurso inscríbese no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas e, tal e como contamos na entrada deste blog titulada "Arte urbana lucense. Carteis publicitarios", os traballos presentados están baseados nas fotografías recollidas na publicación dixital Arte urbana lucense. Fichas de catalogación e foron realizados co programa informático de edición de imaxes GIMP.
Parabéns para Nerea e grazas a todo o alumnado e profesorado que participou na actividade!
Alicia Puchades Tella-Villamarín e Ana Rodríguez Barreiro
Comentarios
Publicar un comentario