Coidemos Lugo

Alumnado de 1.º e 4.º ESO asistiu o día 1 de xuño a unha charla do movemento social lucense Coidemos Lugo, que leva a cabo un destacado labor de concienciación medioambiental e procura xerar na cidadanía un sentimento de respecto pola natureza, o patrimonio e os espazos públicos. O colectivo imparte obradoiros en centros educativos e promove xeiras de limpeza polos barrios da cidade.


Seis membros de Coidemos Lugo, entre os que se atopaban unha profesora e un profesor do Ánxel Fole, visitaron o instituto e falaron das orixes do movemento, dos obxectivos que persegue, das accións que desenvolve, etc., subliñando a importancia da implicación individual e colectiva na conservación da natureza e, en definitiva, no mantemento da vida. Unha inoportuna e persistente chuvia impediu que o alumnado participase na recollida de lixo prevista, pero agardamos que o paso de Coidemos Lugo polo centro servise para que, en adiante, o recinto escolar luza máis limpo e coidado.



Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios