Entroido 2026
Co gallo do Entroido, desenvolvéronse varias actividades no Ánxel Fole:
a) Exposición na biblioteca escolar dunha selección de obras sobre o Entroido galego.
b) Elaboración, por parte do alumnado de Expresión Artística de 4.º ESO, de máscaras representativas dos movementos de vangarda (cubismo, surrealismo, futurismo, expresionismo etc.). O traballo inspirouse nun proxecto da doutora en Belas Artes, profesora e blogueira Mayalen Piqueras.
c) Gran desfile de disfraces, celebrado o día 13 de febreiro coa participación de numeroso alumnado e profesorado. Non faltaron os bailes, a música, o humor e, por suposto, os premios para as mellores comparsas.
Ana Rodríguez Barreiro


.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario