Voar! Voar!
Un curso máis, seguimos a confeccionar, empregando o plotter de impresión e corte dos Polos Creativos, vinilos literarios con textos en galego para decorar as dependencias do centro.
Para dar a benvida ao ano novo e lembrar a figura do desaparecido compositor, músico e escritor Roberto Iniesta, en xaneiro vertemos uns dos seus versos ao galego e estampámolos nun dos corredores da planta baixa. Veñan ventos favorables para o 2026, e a voar!
"Rompeu a cadea que ataba o reloxo ás horas.
Parou a chuvieira; agora somos flotando dúas pingas.
Agarrado un momento á cola do vento, síntome mellor.
Esquecinme de poñer no chan os pés e síntome mellor.
Voar! Voar!".
Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios
Publicar un comentario