Por terras de Friol e Sobrado

Alumnado de 2.º ESO realizou unha saída cultural o día 14 de xaneiro para coñecer a fortaleza de San Paio de Narla e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.

A fortaleza de San Paio de Narla (A Castronela, Xiá, Friol), documentada dende o século XIV, atópase actualmente integrada na Rede Museística Provincial de Lugo. O edificio está composto por tres corpos (torre da homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior, que acollen coleccións de historia e etnografía (apeiros de labranza, obxectos relacionados cos oficios tradicionais, cerámica, armas brancas e de fogo etc.).

O mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (Sobrado, A Porta, Sobrado), situado no Camiño Norte a Santiago, é un gran complexo de orixe medieval (s. X) que viviu unha ampla época de esplendor entre os séculos XV e XVIII e que hoxe en día segue habitado por unha comunidade cisterciense. O alumnado puido visitar os claustros, a cociña gótica, a sala capitular ou a impoñente igrexa barroca.


Froilán Herrán González, José Ramón Negro Varela e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios