Enfermidades transmitidas por carrachas: coñecelas para poder previlas
O alumnado de 1.º ESO asistiu, os días 12 e 13 de novembro, á charla "Enfermidades transmitidas por carrachas: coñecelas para poder previlas", que se inscribe no programa Lambiscadas Científicas de XuvenLab, unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela (USC) xurdida do grupo de innovación docente XuvenCiencia e dedicada á organización de actividades de divulgación científica.
No faladoiro, conducido de xeito moi dinámico por Helga Peral Varela, o estudantado puido coñecer as especies de carrachas que se atopan en Galicia, os riscos asociados a elas e, sobre todo, as principais medidas que deben adoptarse para previr e tratar as súas picaduras.
Actividades coma esta demostran que é posible facer da ciencia unha experiencia práctica, útil, accesible e en galego.
Eva Riveiro Nogareda e Ana Rodríguez Barreiro


.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario