Ruth Matilda Anderson. Fragmentos de onte

A fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson (1893-1983) viaxou a Galicia entre 1924 e 1926, cando tomou unhas oito mil fotografías que retratan tipos, oficios e costumes populares, en moitos casos a piques de desaparecer pola irrupción da modernidade.


A exposición "Ruth Matilda Anderson. Fragmentos de onte", aberta na capela de Santa María de Lugo dende o 3 de outubro ata o 7 de novembro de 2023, pretende recrear, baseándose nas imaxes da artista, a sociedade que atopou Ruth Matilda á súa chegada a Galicia.


Deste xeito, o alumnado de 3.º e 4.º ESO que visitou a mostra puido observar preto de mil pezas (na súa maioría, orixinais ou reproducidas a partir doutras antigas) propias da vida cotiá dos anos vinte do século pasado e que hoxe posúen un incalculable valor etnográfico: aparellos de labranza, ferramentas de traballo, obxectos do fogar e, sobre todo, espléndidos traxes tradicionais tanto de faena como de gala.



Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias



Comentarios