Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero

alumnado dos distintos grupos de 1.º e 2.º ESO do Ánxel Fole está a participar no Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero, organizado polo Servizo de Igualdade da Área de Cohesión Social do Concello de Lugo.

Este programa pretende proporcionar á rapazada ferramentas para acadar cambios actitudinais e de comportamento que favorezan as relacións en igualdade e, en consecuencia, a progresiva eliminación do sexismo e das violencias machistas. Desenvólvese entre os meses de novembro e febreiro do presente curso e consta dun obradoiro de tres sesións, nas que se aplica unha metodoloxía de traballo baseada na reflexión e na participación activa do alumnado.


Jesús Otero Pereiras, Ana Rodríguez Barreiro e M.ª Consuelo Santiso Pena

Comentarios