Galiza nun tempo de seu

Dende hoxe pode visitarse no vestíbulo do IES Ánxel Fole a exposición "Galiza nun tempo de seu. Os Castro, unha familia á fronte do reino de Galiza", organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Rede Museística Provincial de Lugo, e que conta co patrocinio da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

A mostra pertence a unha exposición maior, dividida en tres partes cronolóxicas, cada unha das cales se centra nun fito do período baixomedieval:

  • A liñaxe dos Castro, a estirpe máis poderosa da nobreza galega, con integrantes como Pedro Fernández de Castro, Fernando Ruiz de Castro, Álvaro Pérez de Castro ou as irmás Xoana e Inés de Castro;
  • Os movementos irmandiños do s. XV, as súas causas e as súas consecuencias;
  • A resistencia á monarquía dos Reis Católicos, representada na figura central do mariscal Pardo de Cela.

A información que se ofrece a través dos paneis permite ao público non especializado obter unha visión xeral e sinxela desta interesante época histórica.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios