Arte urbana lucense: catálogo en papel

Inauguramos este curso 2022-2023 cunha noticia que nos fai especial ilusión: a publicación en papel da nosa obra Arte urbana lucense. Fichas de catalogación, que vira a luz o pasado xaneiro en forma de revista dixital.

A edición en papel, que foi posible grazas ao patrocinio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, presenta leves modificacións respecto da versión dixital, entre as que destaca a nova cuberta, creada a partir da composición gañadora do Certame de carteis publicitarios sobre arte urbana lucense.

Nas vindeiras semanas, a obra será distribuída entre as bibliotecas públicas da cidade, os institutos de ensino secundario, os/as artistas incluídos/as no catálogo, etc.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios