Arte urbana lucense. Fichas de catalogación

Despois de varios meses de traballo, as persoas participantes no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas temos a ledicia de presentar hoxe o primeiro dos produtos que elaboraremos ao longo deste curso: un catálogo limitado, pero agardamos que representativo de recursos de arte urbana da cidade de Lugo. Podedes acceder a el premendo directamente aquí.

Foi un pracer inmenso percorrer os barrios da cidade localizando mostras de arte da rúa, deixarnos seducir polo poder evocador das palabras e das imaxes, participar do espírito crítico e transgresor de tantas obras, compartir os achados en familia e entre amigos/as. Oxalá estas páxinas poidan transmitir, sequera minimamente, o gozo que experimentamos con cada descuberta.


Ana Rodríguez Barreiro




Comentarios