Biblioteca de arte urbana

Durante o primeiro trimestre, as persoas que participamos no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas realizamos múltiples lecturas relacionadas co ámbito da arte na rúa, entendida no senso máis amplo da expresión. Para facilitar a localización dos libros que se foron adquirindo, así como o seu traslado ás aulas do alumnado, dispúxose na biblioteca do centro unha maleta temática de arte urbana.

Dende aquí, convidamos a comunidade educativa a visitar a biblioteca e consultar e/ou levar en préstamo algúns dos interesantes títulos que agora custodia a Rosalía dun emblemático graffiti de Primo de Banksy na cidade.

Botamos en falta máis material en galego, certamente escaso, o que pon de manifesto que a lingua aínda non está representada por igual en todos os campos do saber. Confiamos en que o noso traballo de catalogación de recursos de arte urbana supoña unha humilde achega á presenza do galego neste eido.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios