Publicacións

III EnRedando co Galego

Imaxe
Un ano máis, o IES Ánxel Fole participa, xunto con outros centros de ensino da cidade  (IES Leiras Pulpeiro, IES Lucus Augusti, IES Muralla Romana, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Sanxillao e IES Xoán Montes), na  iniciativa EnRedando co Galego, organizada pola  Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e mais pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O 25 de abril tivo lugar na biblioteca do instituto a presentación da actividade, que  busca fomentar entre a poboación escolar tanto o uso do galego como  a creación literaria e artística a través da lingua. No acto  interviñeron o escritor Lois Pérez, o representante do Concello Anxo Lamelo e o Dúo Vaguedades, quen fixo as delicias do público cunha dramatización na que deu vida a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, mesturando  reflexión sociolingüística e humor a partes iguais. Durante as próximas semanas, o alumnado participante no programa comp...

Roteiros literarios en Guitiriz

Imaxe
O alumnado de 3.º ESO participou o 30 de marzo e mais o 13 de abril en dous roteiros literarios en Guitiriz, guiados de xeito inmellorable polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro, que dende hai anos recibe grupos no seu centro, acompáñaos polos espazos vitais e literarios do poeta Xosé María Díaz Castro e proponlles actividades diversas en cada unha das paradas realizadas ao longo dos itinerarios. O roteiro "Un neno de aldea" desenvólvese no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz), aldea natal de  Díaz Castro, e nel  analízase o universo rural no que medrou o escritor, tomando os seus poemas e vivencias como fío condutor. Nesta ruta o alumnado visita a capela do Vilariño, onde o neno Pepe exerceu como acólito;  a aira dos Coira, coas súas distintas especies arbóreas; algunhas mostras de arquitectura popular da Terra Chá, como vivendas, palleiras, alpendres, hórreos, etc.; ou a casa familiar de Díaz Castro, onde naceu o poeta. "A fábrica de poetas", á súa vez, é un r...

Encontro con Antía Yáñez

Imaxe
Ao abeiro do programa Encontros Literarios do Ministerio de Cultura e Deporte, a escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) visitou, o día 31 de marzo, o IES Ánxel Fole, onde se reuniu con alumnado dos clubs de lectura de 1.º, 3.º e 4.º ESO. A sesión abriuse coa presentación da autora por parte de dúas alumnas e desenvolveuse de xeito moi participativo e dinámico, sempre a través das preguntas formuladas pola rapazada á novelista. No diálogo abordáronse algunhas cuestións de índole xeral (a formación da autora, as súas motivacións á hora de escribir, o proceso de creación literaria, etc.) e outras máis concretas, centradas especialmente nas obras lidas con antelación polo alumnado: O misterio de Portomarín , O misterio do torque de Burela e Senlleiras . Para rematar o acto, Antía Yáñez asinou exemplares dos seus libros ao alumnado e o profesorado que o solicitou. Nun de Senlleiras , dedicado á biblioteca escolar, recordounos todo o que resta aínda por facer no camiño da igualdade de xén...

Un, dous, tres. Canta e baila do revés

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO asistiu o 27 de marzo ao obradoiro "Un, dous, tres. Canta e baila do revés", impartido por Branca Villares , mestra de canto tradicional, pandeireta, pandeira e pandeiro en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia de Lugo.  A relatora, que comezou lembrando a súa traxectoria no eido da música tradicional, desenvolveu unha sesión interactiva e altamente participativa, na que a rapazada tivo que elaborar os seus propios textos e soltarse a cantar. Partindo dun  canto de chamada  popular, Branca Villares explicou a estrutura (na que se distinguen coplas e retrouso), as características métricas (estrofas de catro versos octosílabos con rima asonante nos pares) e a base melódica (compás de 2/4) habituais n a improvisación oral en verso e  en moitas das composicións tradicionais galegas. Axúdame, compañeira. Axúdame, camarada. Axúdame, compañeira, a facer a foliada. Despois, o alumnado distribuíuse en grupos, escolleu unha tem...

As mulleres conquistan os vidros

Imaxe
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, alumnado de 4.º ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e mais de 2.º BAC de Debuxo Artístico realizou diversas intervencións artísticas nos escaparates de establecementos comerciais do barrio da Piringalla, ao que pertence o IES Ánxel Fole, así como nas fiestras do propio centro educativo. As composicións inclúen imaxes de mulleres, de épocas e procedencias xeográficas variadas, que destacaron polas súas achegas a distintos ámbitos (as artes plásticas, a literatura, o cine, o deporte, a política, a ciencia, etc). Cada representación vai acompañada dalgúns datos sobre a vida e a obra das mulleres seleccionadas e, no caso dos escaparates dos negocios, tamén de elementos gráficos alusivos á actividade comercial desenvolvida en cada un deles (tendas de alimentación, cafetarías, librarías, autoescolas, salóns de peiteado, etc.). Remarcando o simbolismo da data, as únicas cores empregadas foron o branco, o negro e o viole...

Cumpriuse a xustiza

Imaxe
O Día de Rosalía 2023, celebrado baixo o lema "Cumpriuse a xustiza" (verbas do poema "A xustiza pola man", incluído en Follas novas ), lembramos a Rosalía máis combativa e solidaria, a que tantas veces denunciou as inxustizas do seu tempo (a pobreza, a emigración, a subordinación da muller, o centralismo español...) e defendeu as persoas marxinadas, oprimidas, maltratadas, os "desherdados da fortuna". Seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para os centros de ensino, alumnado de 3.º e 4.º ESO do Ánxel Fole seleccionou imaxes de prensa alusivas ás inxustizas do mundo actual e, sobre a silueta do rostro de Rosalía, creou unha colaxe que se acompañou da pregunta "Que diría Rosalía?". Por outra banda, o alumnado tamén compuxo textos (poemas, microrrelatos, pequenos ensaios...) sobre as problemáticas sociais do presente (os conflitos bélicos, a explotación laboral, a desigualdade de xénero, o racismo, o a...

II Concurso de Fotohaikus: o Entroido

Imaxe
Para festexar o Entroido, o EDLG do IES Ánxel Fole convoca o II Concurso de Fotohaikus, de acordo coas seguintes bases: OBXECTIVO O concurso ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra e a imaxe, así como o coñecemento e a difusión das tradicións galegas vencelladas ao Entroido. PERSOAS DESTINATARIAS O certame vai destinado a toda a comunidade educativa do IES Ánxel Fole: alumnado, profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos. CATEGORÍAS Establécense tres categorías: Categoría A: alumnado de 1.º, 2.º e 3.º ESO. Categoría B: alumnado de 4.º ESO e de 1.º e 2.º BAC. Categoría C: persoas adultas (profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos). CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS As persoas participantes escribirán, en lingua galega, un haiku (composición poética de orixe xaponesa que consta de tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente) sobre calquera superficie ou sopo...

Ciencia para Novos/as Investigadores/as

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO e mais de 1.º e 2.º BAC visitou os días 11, 18 e 19 de xaneiro a Facultade de Ciencias do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dentro das xornadas Ciencia para Novos/as Investigadores/as, un programa de estímulo de novas vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio. Nas distintas sesións programadas ao abeiro deste ciclo, a rapazada puido coñecer as instalacións da Facultade, recibiu información sobre os graos que se imparten nela (Bioquímica, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Nutrición Humana e Dietética) e levou a cabo varias prácticas e experimentos nos laboratorios do edificio: realización de diferentes reaccións químicas sinxelas, identificación de células mediante o emprego do microscopio electrónico, determinación do pH de substancias da vida cotiá, execución de cromatografías para separar os compoñentes da tinta dun bolígrafo, preparación de pigmentos, etc. Beatriz Fernández, Marina López, Susana Rico, Ana Ro...

Obradoiro de regueifa

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO participou o 12 de xaneiro nun obradoiro de regueifa impartido no centro por Luís o Caruncho e Pinto de Herbón, da Asociación ORAL de Galicia . A actividade permitiu que os/as rapaces/zas coñecesen as orixes, finalidades e características formais da regueifa, que se achegasen ao mundo da improvisación oral en verso e ás súas distintas manifestacións, e que se soltasen a regueifar seguindo a melodía e o molde estrófico aprendidos. Ana Rodríguez Barreiro

Indómitas. Historias que abren camiños

Imaxe
Alumnado de 3.º ESO visitou os días 7, 15 e 20 de decembro, así como o 10 de xaneiro, a exposición "Indómitas. Historias que abren camiños", organizada por Afundación (Obra Social ABANCA). A mostra afonda na figura de doce mulleres que, malia seren de distintas idades, profesións e orixes, teñen algo en común: loitaron por facer realidade os seus soños, rachando con barreiras e estereotipos e amosando unha valentía e unha creatividade que as converten en referentes do noso tempo.  Estas mulleres pioneiras, sobre as que o alumnado realizou diferentes actividades en grupos, son:  Lula Goce, artista urbana; Paula Mouzo, percebeira; Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, Tanxugueiras; Luisa Méndez, escaladora e enxeñeira de automoción; Laura Lorenzo, viticultora na Ribeira Sacra; Almudena Bernabéu, avogada experta en xustiza internacional; Nuria Bravo, comandante de helicóptero para Salvamento Marítimo; Alicia Sornosa, primeira muller do mundo hispano que percorreu...

Arte urbana lucense: aplicación para móbiles

Imaxe
No marco do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, temos o pracer de presentar a aplicación para teléfonos móbiles Arte urbana lucense , dispoñible para a súa descarga en Play Store. A aplicación recoñécese por esta icona que, inspirada na muralla de Lugo, representa os cubos da fortificación romana mediante botes de spray e fai unha chiscadela ao río Miño a través da pintura azul que escorre por un dos envases. Á aplicación, creada co programa gratuíto APP Inventor, trasladouse o material previamente inventariado e recollido no libro Arte urbana lucense. Fichas de catalagoción , publicado en versión dixital en xaneiro de 2022 e en formato impreso en setembro do mesmo ano (esta última edición grazas ao patrocinio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo). Na elaboración da app atendeuse tanto a cuestións de programación informática coma a aspectos funcionais e estéticos: deseño da icona identificadora, confección dos diferentes fondos de pantalla para cada un...

Felicitacións de Nadal para as persoas maiores

Imaxe
Os últimos días de clase antes das vacacións, alumnado de 1.º ESO elaborou tarxetas de Nadal para felicitar as festas ás persoas maiores usuarias de residencias ou centros de día. Os traballos incluían debuxos e textos en galego e ían cargados dos mellores desexos da rapazada nestas datas tan sinaladas. As tarxetas entregáronse en dous centros sociosanitarios da provincia, un na propia capital lucense e outro en Navia de Suarna. Beatriz López Dourado e Ana Rodríguez Barreiro