Felicitacións de Nadal para as persoas maiores

Os últimos días de clase antes das vacacións, alumnado de 1.º ESO elaborou tarxetas de Nadal para felicitar as festas ás persoas maiores usuarias de residencias ou centros de día. Os traballos incluían debuxos e textos en galego e ían cargados dos mellores desexos da rapazada nestas datas tan sinaladas.

As tarxetas entregáronse en dous centros sociosanitarios da provincia, un na propia capital lucense e outro en Navia de Suarna.


Beatriz López Dourado e Ana Rodríguez Barreiro


Comentarios