Profetas na súa terra

Alumnado de 1.º e 2.º ESO acudiu o 14 de decembro ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para participar nunha charla de Erik e Sergi Quintela Salvador, organizada pola Fundación Breogán dentro do seu ciclo Luz ao Deporte.

Os irmáns Quintela representan o soño de moitos rapaces/zas lucenses afeccionados/as ao baloncesto: chegar a xogar no C. B. Breogán na máxima categoría do baloncesto español. Non é doado triunfar na propia terra do xeito en que o están a facer Erik e Sergi, mais detrás do seu éxito agóchase unha palabra coa que se identifican plenamente: traballo. O alumnado que asistiu ao encontro puido coñecer de primeira man, e en galego (porque os ídolos tamén falan galego), a cultura do esforzo que levan abandeirando os irmáns Quintela durante anos.



Susana Rico Fernández e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios