Visita guiada de arte urbana

Continuando co labor iniciado no ano académico 2021-2022, o Ánxel Fole participa de novo este curso no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, desenvolvendo un traballo colaborativo e interdisciplinario centrado na arte urbana lucense.

No marco deste Plan Proxecta, alumnado de 4.º ESO acudiu o día 7 de decembro a unha visita guiada con Guido Guía, guía oficial de turismo de Galicia, turismólogo e profesor no centro asociado da UNED en Lugo. O paseo, de tres horas de duración, achegou a rapazada a algúns dos murais e graffiti de máis recente creación da cidade, adentrándose en barrios como a Piringalla, a Milagrosa, Paradai, o Sagrado Corazón, o casco histórico, o Carme ou a Residencia.


A néboa non impediu que o alumnado gozase dunha xornada chea de luz e de cor.




Ana Rodríguez Barreiro


Comentarios