Fuxan os Ventos. 50 anos de historia

Alumnado de 2.º BAC acudiu o 21 de decembro ao centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo para visitar a exposición temporal "Fuxan os Ventos. 50 anos de historia", comisariada por Sabela Fraga.

A mostra repasa a traxectoria e o universo creativo dunha das bandas máis emblemáticas de Galicia, Fuxan os Ventos, grupo musical formado en Lugo en 1972 e cuxo repertorio inclúe obras recuperadas da tradición oral, temas de composición propia e versións de textos poéticos de autores/as como Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Marica Campo.

Percorrendo as distintas celas que albergan a exposición, o alumnado puido admirar unha ampla variedade de pezas, procedentes do arquivo persoal da agrupación ou cedidas por múltiples persoas e entidades culturais: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras, audios inéditos, etc.


Xabier Molinos Campos e Ana Rodríguez Barreiro


Comentarios