Encontro con Andrea Maceiras

Alumnado de 2.º e 3.º ESO participou o día 4 de maio nun encontro coa escritora Andrea Maceiras (A Coruña, 1987), autora dunha ducia de obras de literatura infanto-xuvenil, moitas delas recoñecidas con premios autonómicos e estatais.

Andrea Maceiras lembrou as súas orixes no mundo da literatura, reflexionou sobre o proceso de creación literaria e fixo un repaso por algúns dos seus títulos máis emblemáticos (Violeta tamurana, Nubes de evolución, Miña querida Sherezade, Conta nove estrelas, A folla azul, Alma de elefante ou Que me pare o corazón se te esquezo). O diálogo co alumnado levou a que a novelista afondase especialmente en dous libros: Europa Express, que aborda temas como a liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor, e O que sei do silencio, centrado na problemática do acoso escolar.



Mónica Campo Vázquez e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios