As Letras de D. Paco

Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010), a quen dedicamos o Día das Letras Galegas do ano 2023, foi un dos fundadores, en 1950, da editorial Galaxia. A xeito de homenaxe á figura de D. Paco e, moi especialmente, ao seu labor como editor, o alumnado de 4.º ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual deseñou cubertas para algunhas das obras publicadas por Galaxia dende as súas orixes ata a actualidade. Os traballos, realizados con ferramentas dixitais como Canva, Genially e Microsoft Designer, entre outras, permitiron ao alumnado coñecer ou afondar nalgúns dos títulos máis representativos da nosa literatura, así como potenciar a súa creatividade artística e as súas habilidades no manexo das novas tecnoloxías.


Paula Fernández Fulgencio e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios