Historia e natureza na comarca do Eume

Alumnado de 2.º ESO desprazouse o 19 de xuño ata a comarca do Eume, onde comezou a xornada visitando o castelo medieval de Andrade (O Castelo, Nogueirosa, Pontedeume), fortaleza do s. XIV levantada sobre un pequeno promontorio rochoso (Pena Leboreira) e vinculada dende as súas orixes á poderosa familia dos Andrade.

A continuación, a rapazada adentrouse no Parque Natural das Fragas do Eume para realizar unha andaina a través dunha das rutas sinalizadas, que lle permitiu gozar, malia a intensa chuvia dalgúns momentos, do bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa. O percorrido finalizou no mosteiro de S. Xoán de Caaveiro (O Coto, A Capela, A Capela), fundado por S. Rosendo no s. X e formado por diferentes edificacións construídas ao longo dos anos, entre as que destaca a notable arquitectura da ábsida románica da igrexa monacal.



José Ramón Negro Varela e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios