Curtas no Fole

O alumnado de Proxecto Competencial de 3.º ESO elaborou ao longo do curso curtametraxes de animación en galego, seguindo as distintas fases que require o proceso: redacción do guión, composición do bosquexo ilustrado ou storyboard, deseño de personaxes e escenarios, montaxe, selección da música e os efectos de son, etc.

Paralelamente, na materia de Educación Dixital, a rapazada creou, mediante a ferramenta de programación Scratch, un xogo para contextualizar a temática de boa parte das curtas: a distopía.

O día 20 de xuño, como peche do proxecto, o alumnado participante presentouno nas distintas aulas do centro, onde explicou o concepto de distopía, exhibiu a curta titulada "Realidade" e animou os compañeiros/as a probar o seu xogo.



Nieves Martínez Vázquez e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios