En carne viva

O alumnado de 4.º ESO asistiu, o día 22 de outubro no auditorio Gustavo Freire, á representación da obra teatral En carne viva, a cargo da compañía Bengala Teatro Físico e con dirección de An González.

A peza, protagonizada por varios personaxes que tentan sobrevivir nunha sociedade deshumanizada, trata temas como a disforia de xénero, a frustración, o amor, o suicidio e a xuventude. A dramaturxia inspírase libremente na figura de Segismundo de La vida es sueño de Calderón de la Barca, na película Laurence Anyways de Xavier Dolan e en múltiples investigacións e relatos anónimos.

Un coloquio-mediación seguiu á representación e permitiu que o alumnado intercambiase opinións co propio equipo artístico.


Alicia Puchades Tella-Villamarín e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios