1975: Escribide, compañeiras!
A Biblioteca Nacional de España, en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas, celebra cada ano, dende 2016, o Día das Escritoras, como xeito de reivindicar o labor e o legado literario das mulleres, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia. A data elixida é sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Tareixa de Xesús, polo que en 2025 a homenaxe tivo lugar o día 13. O lema desta edición foi "1975: Escribide, compañeiras!", en lembranza das autoras que se atopaban en activo hai cincuenta anos e que reflectiron nas súas obras as preocupacións e os intereses das mulleres da Transición.
Adecuándose á temática proposta e tomando como base a antoloxía elaborada por Bibliotecas Escolares de Galicia, o alumnado do IES Ánxel Fole achegouse aos textos dalgunhas escritoras galegas da época (M.ª do Carme Kruckenberg, Margarita Ledo Andión, Anisia Miranda, M.ª Victoria Moreno, Luz Pozo Garza, M.ª Xosé Queizán, Xohana Torres, Dora Vázquez, Pura Vázquez e Helena Villar Janeiro), comentounos nas clases e recreounos en sinxelos vídeos que están a ser difundidos a través das redes sociais do EDLG.
Ana Rodríguez Barreiro
Comentarios
Publicar un comentario