Dende aquí até acolá, galego xa!
O alumnado de 1.º ESO participou o día 8 de maio no Correlingua, festa de reivindicación da lingua galega celebrada neste 2024 baixo o lema "Dende aquí até acolá, galego xa!".
A rapazada de distintos centros da provincia reuniuse ás 11:00 h na praza de Santa María e, pouco despois, partiu cara á praza de Pío XII para subir á muralla e dar unha volta completa polo adarve, que se encheu de pancartas e mensaxes a prol do uso do galego en todos os ámbitos, especialmente entre as xeracións máis novas.
De regreso na praza de Santa María, leuse o manifesto e deu comezo o concerto do grupo melidao Cuarta Xusta, de cuxa autoría son os discos Un novo espertar, co cal xiraron por gran cantidade de salas e festivais do país, e Libre amencer, que están a presentar na actualidade.
Ana Rodríguez Barreiro
Comentarios
Publicar un comentario