Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

Lugo en Letras

Imaxe
O alumnado de Proxecto Competencial de 4.º ESO está a desenvolver a iniciativa Lugo en Letras, centrada no estudo e divulgación de escritores/as lucenses en lingua galega, dende finais do s. XIX ata a actualidade. Algúns dos traballos irán expoñéndose na biblioteca escolar ao longo do curso. Ana Rodríguez Barreiro

Clubs de lectura 2025/26

Imaxe
Ao longo do primeiro trimestre, foron poñéndose en marcha os distintos clubs de lectura do Ánxel Fole, tanto do alumnado como do profesorado. Os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaboran activamente con eles, fomentando a selección de títulos en galego e acudindo ás reunións periódicas, que adoitan celebrarse nos recreos. Ana Rodríguez Barreiro

EnRedando co Galego 2025: gala final

Imaxe
Varios grupos de 3.º ESO  asistiron o día 10 de decembro á gala final do proxecto   EnRedando co Galego , celebrada no  auditorio Fuxan os Ventos. Alí, o alumnado do Ánxel Fole uniuse ao doutros institutos da cidade e xuntos gozaron dun concerto de Mondra, un dos artistas máis sobranceiros da escena musical do país. No acto tamén tivo lugar a entrega de premios aos mellores traballos presentados, así como a repartición de agasallos entre todas as persoas participantes. Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias

Cantareiras e cantares. Un ano en cantigas

Imaxe
Para finalizar o ano en que as Letras Galegas estiveron dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral, no mes de decembro acollemos no IES Ánxel Fole a exposición “Cantareiras e cantares. Un ano en cantigas”, que foi organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que conta con textos, selección de cantigas e coordinación musical de Branca Villares. A exposición amosa os materiais que tamén foron incluídos nunha axenda do ano 2025 , que se presentaba así: " Saen aquí as mulleres d’antes , fotografadas e recollidas en audio por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no solpor do século XX. Desfrutámolas grazas á colaboración do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego. Saen tamén cantando as mulleres d’agora , as do albor do s. XXI, da man de Branca Villares Naveira ofrecéndonos un ano en cantigas, como mostra da relación directa entre as coplas e o ciclo do ano; como mostra de que aínda quedan moitos cantares, vellos e novos, cos que contar...

Trece lúas: as marabillas do Nadal. Cantigas e contos do solsticio

Imaxe
Alumnado de 3.º ESO participou o día 10 de decembro no obradoiro “Trece lúas: as marabillas do Nadal. Cantigas e contos do solsticio”, impartido no centro por Branca Villares, intérprete, investigadora e divulgadora da tradición musical galega. No obradoiro, cuxo título rende homenaxe á obra de Antonio Reigosa Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal , a relatora bosquexou unha historia dos personaxes, costumes e ritos que, malia a súa orixe diversa (pagá ou cristiá), conflúen no Nadal galego. Como non podía ser doutro xeito, a explicación estivo adobiada con moita música, e o alumnado entoou panxoliñas, arrolos e cantos de Reis, acompañándose de percusión ou de mímica. Ana Rodríguez Barreiro

'Tres en un' expositivo

Imaxe
O alumnado de 3.º ESO PDC visitou, o día 3 de decembro, tres exposicións temporais na cidade de Lugo: a) "Symphony. Unha viaxe ao corazón da música", de CaixaForum, experiencia inmersiva audiovisual que pretende achegar a música clásica a todos os públicos. Da man do director Gustavo Dudamel e da Mahler Chamber Orchestra, as persoas espectadoras convértense en músicas por un pedazo e gozan, dende dentro, das composicións de Beethoven, Mahler ou Bernstein. b) "Nicolás Muller en Galicia", de Afundación, mostra que recolle unha selección das imaxes que o fotógrafo húngaro Nicolás Muller tomou en Galicia durante a segunda metade do s. XX. As fotografías, centradas na vida cotiá das xentes traballadoras e na beleza da paisaxe galega, reflicten a fonda ollada humanista do seu autor. c) "O vestiario das almas pintadas. A indumentaria galega nos cadros costumistas", da Rede Museística Provincial de Lugo, proxecto onde corenta e cinco manequíns, ataviados con roupa...