Simultánea

O alumnado de 1.º e 3.º ESO visitou os días 9 e 23 de xaneiro a exposición "Simultánea. Escenas de costa e mar aberto na colección de arte Afundación".

A mostra reúne preto de medio cento de artistas galegos que ofrecen múltiples puntos de vista, realistas, líricos ou conceptuais, sobre o tema mariño. As augas calmas e axitadas, as praias, os cantís, os faros, os portos, as embarcacións, os oficios ligados ao mar… protagonizan obras de distintas épocas, dende o século XIX ata a actualidade.

Ademais de gozar e aprender coa visita comentada, a rapazada tamén participou nun obradoiro de creación das súas propias mariñas, para as que puido inspirarse nas pezas da exposición.


Xabier Molinos Campos, Alicia Puchades Tella-Villamarín e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios