Tíralle da Lingua

Alumnado de Oratoria do IES Ánxel Fole participa no XXIII Concurso de Relato Oral Tíralle da Lingua, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da lingua galega.

Individualmente ou en grupo, a rapazada gravou vídeos dun máximo de cinco minutos relatando en galego historias que podían ser de base popular, de base literaria ou de creación propia. O xurado valorará especialmente a calidade lingüística, a dicción, a dramatización e o carácter construtivo ou pedagóxico.



Mónica Campo Vázquez e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios