Dá o paso. Emprende no rural

Alumnado de 4.º ESO asistiu o día 8 de novembro á charla “Dá o paso. Emprende no rural”, unha iniciativa de responsabilidade social da Casa Grande de Xanceda para fomentar entre a xuventude o emprendemento no medio rural.


A través dunha formación moi dinámica e participativa, o alumnado aprendeu que é posible ser emprendedor no rural, engadindo valor a un proxecto, e que o tecido empresarial resulta fundamental para loitar contra o despoboamento que está a asolar centos de aldeas de Galicia.


A actividade contou cuns convidados moi especiais: Elena Ferro, Gerardo Lagares, Carla Varela e Pepe Sotelo, emprendedores/as de éxito coas súas firmas Eferro, Orballo e Naturavia. Estes/as colaboradores/as relataron, por medio de vídeos, a súa experiencia desenvolvendo traballos no rural e deron consellos para aquelas persoas que se animen no futuro a lanzar o seu propio proxecto.



Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios