Postais para unha árbore de Nadal

Alumnas e alumnos de 1.º, 2.º e 3.º ESO decidiron acabar o ano escribíndose a si mesmos unha pequena postal, na que quixeron agradecerse por algo ben feito neste 2023, así como expresar un desexo de cara ao 2024.

Coas tarxetas, a rapazada construíu a súa propia árbore de Nadal grupal, nun intento de reflectir que a amizade torna máis fortes as persoas e, no ámbito escolar, redunda nun curso mellor.



Ana Rodríguez Barreiro e Vanessa Yebra Verdes

Comentarios