Visita á Casa-Museo Manuel María
O alumnado de Proxecto Competencial de 4.º ESO acudiu, o día 15 de maio, á Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei), espazo que alberga o conxunto do legado do escritor. Antes da visita propiamente dita, o estudantado participou, no auditorio da Casa-Museo, nunha dinámica de acollida, consistente nun achegamento lúdico á poesía de Manuel María. A continuación, percorreu as distintas dependencias da vivenda, prototipo da casa chairega, ao tempo que fixo un itinerario contextualizado pola biografía e a obra do autor.
A visita á Casa-Museo complementouse cunha ruta por lugares da parroquia relacionados con Manuel María, especialmente polo campo de Santa Isabel, unha magnífica paraxe natural onde conflúen os ríos Ladra e Miño e que foi poetizada polo escritor.
Carmen M.ª Pérez Pardo e Ana Rodríguez Barreiro
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario